A vida é un XOGO SOÑO
Desde o rural, con AMOR
Para medrar forte e sabio, o noso corazón precisa botar raíces nunha terra fértil.
E a nosa ten todo o necesario para crear espazos únicos nos que deixar voar a imaxinación e, coma un tambor desde a distancia, lanzar ao mundo un berro de ilusión.
A nosa MISIÓN é promover a educación emocional e o crecemento persoal nas zonas rurais, apoiándonos nos nosos propios valores, tradicións e natureza, para converter as persoas no verdadeiro motor da sociedade.
EDUCACIÓN
Que imos aprender?
EXPRESIÓN
Que imos crear?
AUTONOMÍA
Quen imos ser?
crecemento persoal
E a ti, que che pide o corazón?
- Gustaríache reducir a túa ansiedade?
- Coñecerte mellor?
- Aumentar a túa autoestima?
-
Mellorar as túas relacións?
EDUCACIÓN EMOCIONAL
Un exemplo vale máis ca mil palabras
En InCrescendo Colectivo cremos no espíritu de equipo,
por iso contamos cos mellores mestres da creatividade e a ilusión.
A cambio imos demostrarlles que os soños fanse realidade.
1, 2, 3 ...
Sabías que...?
O XOGO é a fórmula patentada pola natureza para aprender a calquera idade.
Cando xogamos, sempre gañamos:
- CONFIANZA: respectamos as regras
- LIBERDADE: experimentamos sen preocuparnos do resultado
- APRENDIZAXE: adquirimos novas habilidades
- CRECEMENTO: superamos os nosos propios límites
- EMPATÍA: temos en conta as necesidades do equipo
Ademais, o xogo adáptase a calquera circunstancia, por iso, todas as nosas actividades conteñen un enfoque LÚDICO, porque non hai nada máis divertido ca coñecernos pintando a vida de EMOCIÓNS…
E aquí estamos para espertar a túa curiosidade, creatividade e ganas de xogar!
Quen é quen?
Laura
Quen é quen?
Elvira
AMOR E LIBERDADE
De tal nai,
tal filla
Elvira soñaba con ser mestra.
Laura con ser libre coma o vento.
Vinte anos e miles de quilómetros despois, os nosos soños volven a xuntarse…
InCrescendo Colectivo é a nosa aposta por un futuro no que non teñamos que escoller entre a vida persoal e profesional e o amor e a liberdade camiñen sempre da man.
Traballas para unha institución, centro educativo ou asociación
e gustaríache incluír os nosos obradoiros na túa programación?
Necesitas un cambio na túa vida pero non sabes por onde empezar?
Cóntanos os teus soños….
Escríbenos a conecta@increscendo.gal e axudarémosche a facelos realidade!!
CONECTA CONNOSCO
Laura e Elvira
Valdeorras (Ourense)
+34 629 62 33 40
conecta@increscendo.gal
Namórate da túa vida!
"Gratitude máxima a Laura.
Abriume os ollos.
Non deixarei de recomendar este obradoiro a todo o mundo.
É vital !!!
Anabel
últiMOS EVENTOS
Namórate da túa vida!
San Sadurniño
(9-27 de marzo)
InCrescendo Colectivo © 2021